No ano 1961 surdiu a idea de crear este centro, aínda que xa con anterioridade un grupo de galegos celebraban “xuntanzas” que poden ser consideradas como un claro precedente do centro actual.
En 1962 fórmase unha Comisión Xestora para a fundación da entidade que quedou legalmente constituída o 5 de decembro dese mesmo ano. Ten recoñecida a galeguidade desde o 29 de xaneiro de 1992. e na actualidade conta con 186 socios dos que 138 son galegos.
Dende 1963 dispón de edificio propio de 3 andares, cunha superficie por planta de 500 m2. A planta baixa conta con restaurante de cociña galaico-canaria. No primeiro andar atópase un salón, oficinas, servizos e biblioteca, e no segundo andar está ubicado outro salón (empregado para ensaios da Escola de Gaitas e para a impartición de cursos diversos), así como unha terraza onde se realizan festas e reunións de confraternidade entre a colonia galega.
O 13 de Novembro de 1970 foi declarado este Centro de «Utilidad Pública» na reunión de Consello de Ministros.